O Goberno local segue sen solucionar a falta de iluminación no parque de Novo Mesoiro

Case tres meses despois de que o Grupo Municipal do BNG presentase unha iniciativa sobre a falta de iluminación artificial no parque de Novo Mesoiro, o Goberno local segue sen pórlle solución a este problema, que incomoda a veciñanza que non pode facer uso desta área de lecer e descanso en moitas horas do día.
Os nacionalistas fanse eco do malestar dos habitantes deste barrio e censuran a pasividade do Goberno do Sr. Negreira. Denuncian que o propio alcalde prometera na campaña das eleccións municipais mellorar a iluminación artificial do parque de Novo Mesoiro e, despois de oito meses á fronte do Concello, o Sr. Negreira mira cara outro lado.
O Grupo Municipal do BNG pon de manifesto que na resposta á pregunta escrita sobre a insuficiente iluminación do parque de Novo Mesoiro, remitida aos nacionalistas o 13 de xaneiro, o Goberno local aseguraba que prevía solventar o problema na primeira quincena de febreiro. Na resposta, asegurábase que a falta de iluminación era debida a “diversas incidencias de robo de cable en las instalaciones de alumbrado público”.
Malia se comprometer co BNG nunha resposta a unha pregunta escrita a ter amañado a situación na primeira quincena de febreiro, a veciñanza de Novo Mesoiro segue a padecer a falta de luz no parqueOs nacionalistas ven incomprensíbel que pasado este tempo o parque siga sen iluminación. De aí que, a instancias da veciñanza afectada, lle esixan axilidade ao Goberno local para acabar coas molestias que a falta de luz artificial lles supón aos habitantes de Novo Mesoiro.

Nota publicada hoy en la web del BNG