PARTICIPA NA ASOCIACION DE VECIÑOS
Prezada veciña, prezado veciño,
O pasado día 25 de Maio do 2012, convocáronse eleccións para unha nova xunta directiva da A.VV. Novo Mesoiro, saíndo elixida unha candidatura (a única presentada) composta por 15 veciños e veciñas. A nova directiva, ten entre os seu obxectivos, velar polos intereses do barrio:
• Infraestruturas xerais, Oficina Correos, medio ambiente, asuntos sociais, prazas de gardería, colexio, IES, Seguridade Cidadá, Policía de Barrio e presenza policial uniformada, seguridade do tráfico, seguridade infantil nas inmediacións dos parques…
• Intentar organizar sempre e ao longo de todo o ano momentos de lecer,retomando antigas iniciativas e repetindo actos xa celebrados anos atrás como as festas populares “Barrio” , os concertos, a carreira popular, etc.
• Intentar organizar outras novas como poden ser festas Infantís de Entroido, de Nadal, Magostos, festas gastronómicas, feiras e/ou exposicións de artesáns locais, do barrio, do concello e mesmo concellos limítrofes…
• Descontos para as persoas socias en eventos organizados en caso de cobro no acceso.
• Reactivación e colaboración co comercio do barrio
• Dar cabida a toda a veciñanza, con prioridade as persoas socias, na organización de eventos, actos , ideas e demais actos que se realicen.
Para todo isto solicitamos a colaboración de toda a veciñanza que no sexa socia pedindo, loxicamente, que se asocie, pois entendemos que o asociacionismo é un piar básico para o sustento das asociacións, sexan do tipo que sexan (profesionais, veciñais, de enfermidades, etc.)
Achegada a esta carta entregámosvos unha folla de afiliación para as e os que queirades participar e asociarvos. As cotas, como poderedes ver, son mínimas, e o que máis paga e o socio titular, 10,00 €, e 3,00 € por cada persoa máis da unidade familiar maior de 18 anos. Os que xa estades asociados, informar que non se pasará a cota de 2011 ( a excepción de que haxa persoas socias que voluntariamente e por colaborar queiran ingresar dita cota e dean a orde de ingreso), e que si se pasará a cota de 2012,.
As persoas socias que non tendes a cota domiciliada, avisarásevos en tempo e forma, a través de correo, información en papeis (cafeterías, tendas, panaderías, perruquerías, etc.) de como se fará dito cobro, e toda vez sexa decidido desde a Xunta Directiva a forma de realizar o cobro, ben en persoa no Centro Cívico ou local social (cando o teñamos), ou ben por medio dalgún de nós co recibo correspondente.
Atentamente
Asdo.: Nilo Moreno García
Presidente A.VV. Novo Mesoiro
Preme aqui e descárgate a ficha para te facer soci@:
https://docs.google.com/file/d/0B9bHc1tQ_59hQUlxc240M0ZxNUU/edit




