AVV INFORMA

Dende a AVV queremos  inaugurar nesta web un espazo onde informaremos dos acordos tomados pola AVV, actos que convoque a asociación ou calquera noticia que entendamos que debe ser de coñecemento público d@s nos@s veciñ@s.
Este apartado chamarase AVV Informa e simplemente serán notas informativas cun formato sinxelo e directo.
Así as primeiras.

  • AVV Novomesoiro está moi preocupada polas poucas prazas existentes na Escola Infantil  A Caracola  do noso barrio Este ano tivo 126 solicitudes para 41 prazas. Levaremos esta inquietude  a reunión que teremos esta semana coa concelleira de barrio. Aquí tedes o enlace da EIM A Caracaola para que poidades ter información do traballo alí realizado http://periodicos.edu.coruna.es/eimacaracola/
  • AVV Novomesoiro está interesada en contratar unha liña de telefonía móbil. Se algunha/algún veciña/o ten interese en nós facer algunha oferta póñase en contacto con nós a través do correo avv (arroba) novomesoiro.com