No contexto da celebración das Festas de María Pita, o servizo municipal de Mobilidade ten previsto un dispositivo especial para reforzar o transporte público pola cidade. Neste sentido, e con vistas ás Noites de María Pita, disporanse cinco liñas de autobús (1; 1-A; 3; 6; e 21) para cubrir os percorridos de volta aos barrios, partindo desde Porta Real. Ademais, e en paralelo, o servizo de BiciCoruña, renovado a mediados de xullo, ampliará o seu horario de uso ata a unha da mañá.
A Axencia Galega de Sangue, Órganos e Tecidos (ADOS), que integra o traballo do Centro de Transfusión de Galicia, subministra compoñentes sanguíneos as 24 horas do día a todos os hospitais de Galicia para desenvolver a actividade asistencial programada e facer fronte ás urxencias. O sangue non se pode fabricar e todos os días é vital para axudar a enfermos que se teñen que operar, que sufriron accidentes de tráfico ou laborais, que padecen anemias, hemorraxias, cancro, leucemia, transplantes de órganos… Os hospitais precisan entre 400 e 500 doazóns cada día para que moitas persoas recuperen a saúde e, mesmo, salvar a vida. Se tes máis de 18 anos, unha saúde normal e pesas máis de 50 quilos, podes doar sangue na unidade móbil que visita o Bo NOVO MESOIRO: Bo NOVO MESOIRO: UNIDADE MÓBIL NA ROTONDA (FRONTE EDIFICIO APARTAMENTOS NOVO MESOIRO) Martes, 19 de abril 10:00 a 14:30 e 16:00 a 21:00 horas Persoal sanitario revisará a túa saúde antes da doazón e utilizará material estéril e dun só uso. Súmate ao noso equipo. Doa sangue. Máis información: 900 100 828 (liña gratuíta de 8:00 a 15:00 horas) e 881546900 http://ados.sergas.es
A súa unidade móbil ten previsto vir o sábado 26 de xuño, entre as 10.00 h e as 15.00 h, estacionando onde sempre, diante do edificio de apartamentos.Así que xa sabedes!
¡FIESTAS DE NOVO MESOIRO!
Por fin podemos mostraros el cartel, además de lo indicado en el cartel tendremos tiovivos, coches de choque, etc… espero que las disfrutéis y le deis a compartir ?
Jueves 22: Mejillonada GRATIS en los locales de hostelería del barrio.
Viernes 23:
Programación familiar (Cascarillarte, Luis Vallecillo),
LA DÉCADA PRODIGIOSA
Disco Móvil La Gramola.
Sábado 24:
Sesión Vermú con Os Juanpiños.
Gran navallada
Bastards no Parade
Sin City Devils
DJ Rock
Domingo 25:
Sesión Vermú
Los Claretes
Dj Javito
Churrascada popular
O alcalde da Coruña, Xulio Ferreiro, deu conta dos asuntos máis relevantes aprobados pola Xunta de Goberno Local, dos que salientou a licenza urbanística concedida para a construción dun centro escolar no barrio de Novo Mesoiro e a reforma dun hotel en Zalaeta, solicitudes que teñen un valor de máis de 4,6 millóns de euros de orzamento de execución material. Ferreiro indicou que se trata de “dúas licenzas relevantes para a cidade” tanto no eido dos servizos públicos para un barrio con moita poboación nova como é Novo Mesoiro, como para o impulso ao sector hoteleiro da cidade. A Xunta de Goberno Local concedeu a licenza solicitada pola Consellería de Educación do goberno galego para a construción do demandado CEIP de Novo Mesoiro, do que Ferreiro resaltou que é tamén posible grazas á cesión que o Concello fixo dun terreo municipal sito na rúa Fragas do Eume. O orzamento autorizado é de 3,1 millóns de euros, tendo que iniciarse as obras antes de 6 meses e tendo de prazo outros 18 meses para a súa execución. No caso da licenza de reforma do edificio da antiga sede de Red Eléctrica situado en Zalaeta, o alcalde apuntou que acollerá un hotel de 4 estrelas para o que a empresa promotora contempla un orzamento de 1,4 millóns de euros. O prazo para iniciar as obras é de 6 meses, mentres que o período de execución é dun ano.
Ferreiro enmarcou a tramitación destas dúas licenzas na actividade dilixente da Concellería de Rexeneración Urbana e Dereito á Vivenda que leva tramitado máis de 900 licenzas urbanísticas no que vai de ano. O edil responsable do departamento, Xiao Varela, informou hoxe á Xunta do Goberno Local da tramitación de 190 expedientes na última quincena. Así, entre o 14 e o 26 de novembro resolvéronse 40 licenzas urbanísticas, 83 comunicacións previas ao inicio de obras, 35 comunicacións previas ao inicio de actividade e 14 declaracións responsables.
O domingo 25 produciranse cortes de tráfico en Novo Mesoiro con motivo das carreiras populares. A rúa Ancares estará pechada de 07.30 a 14.00 horas, a rúa Laxe de 10.15 a 14.00 horas e a avenida de Novo Mesoiro, na calzada de subida, de 10.15 a 12.20 horas. O peche do circuíto da carreira absoluta será de 10.15 a 11.20 horas, mentres que o da xuvenil é de 11.35 a 11.50 horas. O itinerario recomendado para saír do barrio é polas rúas Convento e Correlo.
Este sábado los trabajadores de Alcoa necesitan vuestro apoyo, son cerca de 400 familias coruñesas que dependen de su trabajo en la fabrica, por ello, es necesario que todos y cada uno de los vecinos de la ciudad se unan por que no cierre una de las grandes industrias de esta ciudad.