Xuño de música e libros no punto bibliotecario de Mesoiro
Xuño vai vindo cargado de actividades para todas as idades no punto de préstamo de Mesoiro. Este sábado 15 á mañá, música e literatura danse a man nun encontro aberto co escritor Xosé Duncan e a música de Mielitza, e a semana vindeira sacamos os libros ao sol o mércores 19 e o xoves 20, con concerto de Xoan Curiel, especialmente destinado ao público infantil, ese mércores 19 ás seis da tarde.
Agardemos que o tempo acompañe!
Tedes máis información na web e nas imaxes adxuntas.
– XORNADA LITERARIO-MUSICAL CON XOSÉ DUNCAN E MIELITZA (SÁBADO 15 DE XUÑO, 11 HORAS)
– LIBROS AO SOL (19 E 20 DE XUÑO) CON CONCERTO DE XOAN CURIEL (MÉRCORES 19 DE XUÑO, 18 HORAS)
Lembrade ademais que, en poucos días, nos pasamos ao horario de verán: a partir do 25 de xuño abriremos de luns a venres entre 12 e 14 horas, e os sábados de 11:30 a 13:30 horas. En agosto pecharemos entre o 1 e o 15 de agosto. Para devolucións, 24 horas/7 días á semana, xa que vimos de estrear un buzón que poderedes atopar na entrada do centro cívico.