Colexio Novo Mesoiro
Dende a directiva da AVV de Novo Mesoiro convocamos esta Rolda de prensa para mostrar publicamente cal é o noso posicionamento con respecto do proxecto de construción por parte da Xunta de Galicia do novo Colexio en Novo Mesoiro.
A asociación quere por de manifesto, que se alegra de que a Xunta de Galicia tivera considerado a nosa reivindicación (como barrio) de crear un centro educativo. Pero sorpréndenos que a Xunta non se tivera posto, todo este tempo, en contacto con nós, para nos informar. Recordar que por rexistro presentamos, en maio de este ano, 3970 sinaturas para solicitar un CENTRO de PÚBLICO INTEGRADO (CPI), recollidas só en 15 días. E que a posteriori, pediuse unha entrevista con representantes da Consellería de Educación da Xunta de Galicia, e polo de agora non tivemos resposta.
A única información oficial que temos ao respecto da Xunta é que acaba de orzamentar 630 mil € para un CEIP e que non ten partidas para os seguintes anos, algo bastante escaso e, o que nos leva a pensar que non se iniciará a construción do Colexio no 2016.
Respecto a reunión que tivemos co Concello, máis concretamente co concelleiro Xiao Varela e cos técnicos do concello de Rexeneración Urbana e Dereito a Vivenda para saber cal era ubicación máis acaída segundo o solicitado pola Xunta, trasladóusenos que solicitábase unha cesión dun terreo de 10000 mts2 para a realización do centro educativo. Unha vez analizado o PXOM do barrio, o concello indicounos que só existen 2 sitios teóricos onde pode encaixar sen cambiar os usos do plan xeral, e que dos dous sitio o que corresponde á rúa Fragas do Eume e que afecta aos hortos urbanos é o mellor polos metros e polas súas condicións.
Como AVV sabemos que o investimento do anterior goberno nos hortos urbanos foi moi grande. E entendemos, e cremos que todo o mundo entenderá, que un CPI é mais importante para o barrio que os hortos urbanos. Por iso a nosa resposta ao Concello foi clara, apoiaremos a proposta do Concello sempre e cando se inicien as obras no 2016, se trasladen os hortos a outras zonas do barrio.
Queremos resaltar varias cousas como asociación de veciñ@s e nais e pais afectados
- A demanda d@s veciñ@s é, e se segue a ser, a construción dun CENTRO PÚBLICO INTEGRADO, onde se impartan todos os ciclos da educación obrigatoria (infantil, primaria e secundaria). A construción du CEIP (infantil e primaria) non resolve a problemática que temos no barrio, senón que crerará outra, a de reubicar ós nenos e nenas maiores de 12 anos en institutos que están fora do noso barrio, o máis cercán a case 4 KM.
- Que urxe que se inicie a construción do CPI se realice neste ano 2016 xa que de retrasarse estaríamos xerando unha problemática maior.
- Que a directiva da AVV apoiará todos os procedementos que leven á celeridade da construción, e se oporá a todo aquilo que supoña unha paralización burocrática ou política da construción. Polo que non imos a entrar en xogos ou estratexias políticas, veñan de quen veñan.
- Entendemos que como veciñ@s do barrio a Xunta e o Concello debería ternos informados periodicamente dos pasos que está a levar, así como a data de inicio e finalización das obras.
Reciba un saúdo.
Xunta Directiva da A.VV. de Novo Mesoiro.
Tel. contacto: 677 404 029; e-mail: avv@novomesoiro.com