Orzamentos participativos, votación
VOTA E DEMOSTRA QUE SOMOS O BARRIO MÁIS ACTIVO DA CIDADE
Dende a AVV queremos facer chegar que xa se abriu o prazo para votar o millón de euros que o Concello vai invertir a través deste tipo de orzamento participativo.
Esta inversión por parte do Concello vai ser para a proposta ou propostas máis votadas en toda a cidade (sempre que sexan viables legalmente), indistintamente do obxecto de que se trate a inversión.
Dende a directiva da AVV quermos mostrar a nosa disconformidade neste proceso, xa que en vez de reflectirse unha participación en relación das necesidades da cidade ou dos barrios-distritos, vai ser un concurso de que movemento, asociación ou persoa física ou xurídica é capar de aglutinar o maior número de votos indistintamente da necesidade real do investimento para un barrio ou para a cidade. Frente isto, defendemos que os orzamentos participativos deben ser entendidos por barrios-distritos, sendo a veciñanza destes os que decidiran cales serían os investimentos necesarios.
Como entendemos que isto vai ser unha carreira que busque unha capacidade de conseguir máis votos, nos fixemos varias propostas para o noso barrio que queremosvos adxuntar para que votedes incluindo as que propuxeron algúns dos nos@s veciñ@s. Para votar tedes que ser maiores de 16 anos, rexistrarvos na páxina web https://aportaaberta.coruna.es , hai de prazo ata o 15 xullo e se poden votar tantas como se queran.
https://aportaaberta.coruna.es/participatory_budget/investment_projects/259
https://aportaaberta.coruna.es/participatory_budget/investment_projects/258
https://aportaaberta.coruna.es/participatory_budget/investment_projects/260
https://aportaaberta.coruna.es/participatory_budget/investment_projects/154
https://aportaaberta.coruna.es/participatory_budget/investment_projects/224
https://aportaaberta.coruna.es/participatory_budget/investment_projects/83
https://aportaaberta.coruna.es/participatory_budget/investment_projects/59