Reunión informativa sobre a problemática da supresión das axudas nas hipotecas de promocion pública
REUNIÓN C@S VECIÑ@S
Dende a AVV de Novo Mesoiro queremos informarlles que imos realizar unha xuntanza cos/coas veciños/as do barrio que realizaremos nunha sala do centro cívico o vindeiro martes 19 as 19:30, para explicar a problemática xurdida coa denegación das axudas aos intereses das hipotecas sobre os pisos de promoción pública que está a afectar dunha forma moi significativa ao no noso barrio.
Art. 35 do Real Decreto-Lei 20/2012 de 13 de xullo, de medidas para garantir a estabilidade orzamentaria e de fomento da competitividade., “Plan Estatal de Vivienda y Rehabilitación 2009-2012.A partir de la entrada en vigor de este Real Decreto-ley quedan suprimidas las ayudas de subsidiación de préstamos contenidas en el Real Decreto 2066/2008, de 12 de diciembre, por el que se regula el Plan Estatal de Vivienda y Rehabilitación 2009-2012.Así mismo no se reconocerán aquellas solicitudes que estén en tramitación y que no hayan sido objeto de concesión por parte de la Comunidad Autónoma» Este artigo esta sendo utilizado coma xustificante para denegar sistemáticamente todas as axudas sexan do plan que sexan, polo que moitos/as veciños/as están o van estar afectados por este trámite.
Como sabedes unha das características a hora de mercar e optar aos nosos pisos era que tiñamos unha serie de exencións ou subvencións que nos facían máis atractivo o escoller a nosa vivenda, e a vez, facilitábanos o pago da hipoteca; pola contra, fronte a iso temos tamén adquiridas unhas series de obrigacións cara a posibilidade da venda ou do alugar. Con este artigo o goberno acaba de anular de maneira sistemática un dereito adquirido no noso contrato de compravenda mentres que mantén as nosas obrigacións.
Por iso dende a AVV temos contactado cun avogado especialista na materia que nos vai asesorar na xuntanza sobre de que pasos a realizar para facer as distintas reclamacións e vías posíbeis de actuacións.
MARTES AS 19:30 NO CENTRO CÍVICO NOVO MESOIRO