A escola municipal A Caracola inicia un proxecto de compostaxe caseira para concienciar aos nenos e nenas

A?concelleira de Medio Ambiente, María García, visitou na mañá deste mércores a escola municipal infantil A Caracola, en Novo Mesoiro, que vén de iniciar un proxecto piloto de compostaxe caseira no que participa o alumnado e o equipo formativo, coa colaboración da empresa Ingesyma. A iniciativa, que ademais de formación para os pequenos e pequenas e o persoal docente inclúe a colocación dun composteiro e o seu seguimento durante os primeiros meses, ata que saia o primeiro compost, segue a liña do proxecto educativo de A Caracola, que xa conta cun comedor ecolóxico, horta e programas de naturalización e rexeneración.

A responsable municipal felicitou na súa visita o traballo do equipo de A Caracola e animou a outros centros a sumarse a iniciativas neste sentido, dentro do interese da concellería por fomentar as accións de naturalización e sustentabilidade nos centros educativos. Neste sentido, o Concello ten aberta unha liña de traballo na que se incluirán proxectos de compostaxe caseira para vivendas unifamiliares e de compostaxe comunitaria para comunidades veciñais, co fin de mellorar a xestión a pequena escala, pechando un ciclo natural nas propias vivendas e diminuíndo considerablemente os problemas de recollida e transporte na xestión da materia orgánica.

unnamed

O día 25, ás 18.00 horas, celebraras no barrio un encontro aberto para a para a participación cidada na toma de decisións municipais

A Concellería de Participación e Innovación Democrática inicia mañá o primeiro encontro cidadán dentro dos procesos participativos que pretende poñer en marcha nesta lexislatura e que, no seu conxunto, reciben o nome de A?Porta Aberta e que servirán para que “toda a cidadanía poida participar na toma de decisións municipais a través de organismos estables”. O primeiro deses procesos, o que arrinca mañá, martes 22, atinxe á organización da cidade en distritos como “órganos territoriais de especial relevancia que serán fundamentais para, nun futuro, elaborar uns orzamentos participativos”.

A intención do Executivo municipal é que A Coruña se axuste á Lei 57/2003 de medidas para a modernización do Goberno local que establece que a política municipal debe ser máis participada e debe descentralizar órganos, precisamente, coa axuda da figura dos distritos. Así, a concellería que dirixe Claudia Delso pretende comezar un proceso con varias fases para que Goberno e cidadanía non só marquen os límites dos distritos da cidade, senón que decidan como poderían actuar para converterse nunha canle de comunicación intermedia entre veciñanza e Concello. A primeira fase deste proceso arrinca mañá e durará até o 22 de decembro. A concellería levará a cabo un total de 27 encontros abertos a todos os veciños e veciñas da cidade. Á vez, desenvolverá un espazo de participación o?n line,?coa finalidade de que todo o proceso sexa o máis inclusivo posible e a cidadanía tamén poida participar sen desprazarse.

Mañá, día 22, celebraranse os primeiros encontros presenciais de setembro. O primeiro terá lugar ás 10.30 horas no Centro Cívico A Silva, mentres que o segundo será ás 18.00 horas no Centro Cívico de Palavea. O mércores 23, con idéntico horario, os encontros desenvolveranse en Feáns e en San Diego, mentres o xoves 24 tocaralle o turno ao Castrillón e a Eirís. O día 25, ás 18.00 horas, celebrarase o encontro do Centro Cívico de Mesoiro, mentres que o 28 desenvolverase o da Cidade Vella, o 29 o de Monelos, e o 30 haberá xuntanza no Espazo Veciñal do Birloque, todo ás 18.00 horas.

No proceso que agora se abre para definir e analizar a organización municipal en distritos, a cidadanía poderá participar tanto de xeito presencial como telemáticamente. Ademais, a través da web dos procesos participativos (w?ww.coruna.es/aportaaberta)?todas e todos os que o desexen poderán consultar a documentación sobre o proceso, inscribirse e ver a lista de encontros ou participar o?n line.?“Este proceso será a primeira pegada para establecer entre os e as veciñas os lugares de referencia nos que poder participar de forma permanente nas decisións da cidade e, nomeadamente, o feito de ter a cidade en distritos vainos permitir establecer de xeito regulado e normalizado, uns orzamentos participativos”, explica Delso, concelleira de Participación que, o pasado xoves, nun acto no que se encheu de público o Teatro Rosalía, deu a coñecer as liñas básicas de traballo do seu departamento ­­incluído este proceso dos distritos­­ acompañada polo alcalde Xulio Ferreiro, e o concelleiro de Rexeneración Urbana e Dereito á Vivenda, Xiao Varela.

Aqueles e aquelas que o desexen poderán inscribirse para participar nestes encontros a través do 0 1 0 , n o s p r o p i o s c e n t r o s c í v i c o s d o b a r r i o o u n a w e b d e ?A P o r t a A b e r t a . ?

AVISO: Atasco en estos momentos en el acceso a Pocomaco por asfaltado

AVISO: Atasco en estos momentos en el acceso a Pocomaco por asfaltado, afecta al tramo de malogrande/pocomaco en la zona donde ya estaban las obras, en estos momentos están asfaltando los carriles que pusieron temporales mientras realizaban la obra y reduciendo a un carril para salir/entrar (cada 5 minutos cambian abren para un sentido de circulación) en Pocomaco/Mesoiro, este asfaltado no provocaría retenciones por la noche pero se esta realizando en pleno momento en que el trafico es muy activo normalmente.

O Concello dará voz aos veciños e veciñas de Novo Mesoiro para decidir o emprazamento do futuro centro escolar do barrio

O Concello escoitará as opinións dos e das residentes en Novo Mesoiro antes de decidir que terreos poñerá a disposición da Xunta de Galicia para a construción dun novo colexio no barrio. O conselleiro de Educación comunicouse no día de hoxe co alcalde da Coruña, Xulio Ferreiro, para anunciarlle a decisión do Goberno autonómico de construír un centro de educación infantil e primaria, en cuxa ubicación concreta en terreos municipais o Goberno local comezará traballar en canto se lle sexa remitida a documentación do proxecto.

“A Xunta, despois de marear a perdiz moito tempo e ante a evidencia do novo tempo político que vive A Coruña, decídese por fin a poñer en marcha o que era unha demanda do barrio e de toda a cidade, sen esperar ao ano 2018 como tiña anunciado o Goberno autonómico. Nese sentido, estamos ante un anuncio positivo malia chegar con retraso”, valora a concelleira de Xustiza Social e Coidados, Silvia Cameán, quen sinala que o proceso “contará coa participación da veciñanza”, para que “a dotación responda en realidade ás moitas necesidades do barrio”.

Restruturación da directiva da AVV de Novo Mesoiro

Restruturación da Xunta Directiva da AVV Novo Mesoiro

O martes 8 de setembro, en xunta directiva da AVV de Novo Mesoiro, aprobouse unha reestruturación de cargos, dado que o seu presidente Manuel Francisco Méndez presentou a su dimisión por unha cuestión ética e de compromiso coa nosa asociación.

Como todos sabemos a nosa asociación nos últimos anos sempre se caracterizou pola súa independencia coas organizacións políticas da cidade, e dado que o presidente pasou fai unhas semanas a traballar como asesor político do BNG decidiu e decidimos que en coherencia co noso vagar destes anos, debería renunciar a representar a AVV en calidade de presidente, pero permanecer como vogal na dirección da AVV.   Polo que se aproba por unanimidade a nova dirección da AVV de Novo Mesoiro e, aplicando o artigo 32 dos estatutos da AVV Novo Mesoiro, asígnanse os cargos de Presidente e secretaria a Xosé Aller Viaño e Mónica Calvo Delgado respectivamente, permanecendo o resto de cargos como estaban ata finalizar o período de lexislatura.

Queremos agradecer dende a directiva o traballo desenvolvido por Manuel Francisco ao longo de este ano, sabemos que este último ano foi de traballo arduo e duro que serviu para poder seguir traballando arreo pola veciñanza. Grazas o seu traballo seguimos mantendo as diversas actividades ao longo do ano (festa do Samaín-Magosto, Xogos Lúdicos, Festa do Entroido, e Festas do Barrio) así coma o traballo máis reivindicativo defendendo publicamente os intereses do barrio e da veciñanza, sabemos que o seu compromiso coa AVV segue presente e que nos aportará unha experiencia e moita axuda como membro da dirección da AVV.

Queremos tamén agradecer a estas dúas persoas que asumen un novo cargo na dirección da AVV, sabendo o traballo que iso supón, e facemos un chamamento a tod@s @s veciñ@s a colaborar coa AVV de Novo Mesoiro para mellorar entre tod@s o noso barrio.

Saúdos