No tenemos ni transporte: El Concello reclama a la Xunta transporte escolar al Salgado Torres para Novo Mesoiro
La mayoría de los alumnos del colegio público Salgado Torres viven en Novo Mesoiro
La mayoría de los alumnos del colegio público Salgado Torres viven en Novo Mesoiro
La semana pasada publicábamos el grave problema que tenemos en el barrio con que no tenemos pediatra para nuevos nacimientos en el barrio, solo teniendo un pediatra disponible en el barrio y con el cupo cerrado, y ahora La Opinión publica esta noticia: «Novo Mesoiro, único distrito coruñés donde la población infantil crece más que la de mayores» (CLICK EN EL LOGO DEL DIARIO PARA ACCEDER A LA NOTICIA)
Desde el BNG nos mandan la siguiente información respecto al problea que sufrimos de no disponer de pediatra para nuevos nacimientos en el barrio:

LOCAIS MUNICIPAIS DE RIBEIRA SACRA
A directiva da AVV de Novo Mesoiro queremos facer unha consulta a veciñanza do barrio sobre os usos que se poden dar aos 3 locais municipais que hai en Ribeira Sacra 15 -19. Esta consulta, foi formulada por nós, na reunión que tivemos cos técnico municipais o 13 de abril, co fin de buscar uns unha utilidade que reverta noso barrio.
Así, quedamos en pasarlle aos técnicos aquelas suxestións que dende a directiva tiñamos apuntadas e tamén as que @s veciñ@s do barrio crean convenientes e necesarias.
Por iso solicitamos que nos comuniquedes, ben sexa por email (avv@novomesoiro.com), ben sexa contestado neste blog ou no facebook, o que credes que destinos serían bos para eses locais e nos trasladaremos as vosas propostas ao Concello para que eles decidan cales son as mellores que se adaptan as necesidades vs inversión.
Enumeramos algunhas das nosas propostas que temos pensado:
Apertura de cata no Polígono de Pocomaco, primeira avenida
Entre o vindeiro luns 18 e o venres 22 de abril en horario laboral de 8.00 a 22.00 horas, será necesario o corte de carril. Realizaranse desvíos a arcenes nos puntos de traballo.
Mantense un carril libre para cada sentido de circulación

Adxuntamos as noticias que sairon hoxe nos medios en relación a este tema.
Na Opinión de A Coruña a xustificación que fai o SERGAS é que non hai pediatras suficientes no cadro de persoal. Esta xustificación nos parece unha barbaridade, senón hai xente que a contraten ou e que non hai médicos parados suficientes para poder contratar. A sensación con esta resposta é que o que se pretende recortar un servizo público básico para @s veciñ@s.
Dende a AVV non recibimos contestación Oficial por parte da Consellería de Sanidade.

Dende a directiva da AVV de Novo Mesoiro queremos denunciar que o barrio de novo mesoiro ten un recorte máis nun servizo público tan básico como é a asistencia en pediatría para os novos nacementos do barrio.
Desde o pasado mes de decembro, no centro de saúde do noso barrio non aceptan máis altas novas en pediatría. Isto supón que se tes o teu primeiro rapaz/a terías que buscarte outro centro de saúde na cidade que cho poida coller, coa única excepción que manteñen para aceptar mais nen@s e se tes un/unha fill@ maior con alta no centro de saúde, xa que teñen a obrigación de aceptar o nov@ irmá/an no mesmo centro.
O Centro de Saúde de Novo Mesoiro ten como área de influencia os barrios de Novo Mesoiro, Feáns, Mesoiro, e a Urbanización Breogán, o que supón mais de 12000 persoas, con máis de 1800 nen@s empadroados. Para toda esta xente só temos 2 médicos de familia, 1 Pediatra e 3 enfermeiras (unha de pediatría) , e non hai matrona ( e iso que somos o barrio con máis nacementos de toda a provincia e Galicia), e todo so na quenda de maña . Isto provoca que moita xente destas zonas afectadas, teñan que apuntarse noutros centros de saúde para que poida compatibilizar co seu traballo as posibles asistencias aos médic@s. Se a isto sumámoslle que non se pode apuntar a mais nen@s en pediatría, e que por riba a solución que te dan e que te busques ti o centro de saúde, vemos claramente un recorte social neste servizo público básico por parte da Xunta de Galicia.
Esta situación parécenos bochornosa, somos o barrio que máis nacementos temos (mentres a natalidade baixa en toda Galicia en Novo Mesoiro crece) , que mais nen@s en idade escolar hai de toda a cidade, un barrio en crecemento de poboación, e somos os que menos servizos públicos nos asinan dende as distintas administracións (recordamos tamén que non temos servizo público de transporte directo a outro centro de saúde ,ao CHUAC, ou a centros con especialistas médicos, debendo facer varios transbordos para chegar a eles).
Dende a AVV de Novo Mesoiro levamos moitos anos demandando a Consellería de Sanidade que se aumente servizos do Centro de Saúde por qué non chegan para a demanda que temos e provoca que moita xente do barrio teña como centro de saude outro da cidade. Un centro de saúde que é totalmente novo, cunha planta enteira baleira, sen ningún uso, e con espazo para poder dar moitos máis servizos @s veciñ@s.
Por isto dende a AVV pedimos publicamente o apoio de todas as forzas políticas da cidade que nos representan no concello, pedíndolles o seu compromiso de defender publicamente esta demanda básica para o noso barrio.
Tamén pedidos unha reunión urxente cos representantes da Consellería de Sanidade para que expliquen @s veciñ@s cales son as causas de estas carencias e cales van a ser as solucións que propoñen.
A noticia correu pola rede e xa temos o comunicado de prensa do concello e o que está a sair hoxe nos medios

A Concellería de Medio Ambiente vén de poñer en marcha o programa anual de limpeza e corte de maleza, que busca eliminar a vexetación cuxo crecemento poida entorpecer tanto a visibilidade como a accesibilidade en zonas urbanas e periurbanas do concello. Este plan acostuma a desenvolverse cada ano durante os meses de primavera e verán, e tamén é unha forma de evitar focos onde se poderían xerar lumes. O citado programa, que arrincou xa o pasado venres, desenvolverase en 26 ubicacións distintas da cidade.
En concreto, ao longo deste mes de abril, activarase nas zonas de EirísUxío Carré (onde os operarios que levarán a cabo estas tarefas de limpeza estarán até o día 7); VismaLoureiro (do 8 ao 12 de abril); BensPenamoa (os días 13, 14 e 15 de abril); VentorrilloA Silva (16 e 18 de abril); no barrio dos Mallos (días 19 e 20); Os Anxos (21,22,23,25 e 26) e MesoiroFeáns (nas xornadas do 27, 28 e 29 de abril e o 2,3 e 4 de maio).
Entre os meses de maio e xuño tamén se actuará na zona das Xubias, Castrillón, Castro de Elviña, Nostián, Palavea, Os Castros, AtochasMonte Alto, Oza, Matogrande, Gaiteira, Labañou, PeruleiroMariñeiros, Santa Margarita, PortiñoCampanario, Barrio das Flores, Monelos, Riazor, Zapateira e Sagrada Familia.
Así se completará o primeiro período de desbroce e limpeza, que se volverá a repetir nunha segunda fase, entre os meses de xuño e agosto, e nunha terceira entre agosto e setembro, nos mesmos barrios.
Os operativos encargado de realizar estas tarefas de limpeza traballará nos días sinalados en dúas quendas de 07.00 horas a 14.00 e de 14.00 a 20.00 horas, de forma que a retirada da maleza quede asegurada de cara a entrada da época cálida.