O domingo 15 de maio, os montes de Mesoiro e A Zapateira acollerán o II CTrail Brigantia Aventura, unha proba organizada polo Club Brigatina Aventura e que conta coa colaboración do Concello da Coruña que consiste nunha carreira a pé e individual que transita por diferentes camiños e pistas da Coruña e Arteixo. Nesta segunda edición da carreira de orientación, á que asisten membros do corpo de Bombeiros da Coruña, participarán 455 persoas, cen máis que o ano pasado. O percorrido da proba, que comezará ás 10.00 horas da mañá, será circular, e terá a súa saída e meta no barrio de Novo Mesoiro, ao carón do pavillón deportivo municipal.

O II Ctrail conta con dúas modalidades de competición: o trail longo, de 23 km e con 1.800 metros de desnivel, e o trail curto, de 10 km con 1.000 metros de desnivel. A carreira curta ten un trazado diferente ao ano pasado mentres que a longa, ademais de sair en sentido contrario que na edición de 2015, ten unha gran porcentaxe de camiños novos. Leer más