AVISO

Desde la AVV de Novo Mesoiro viendo la problemática que está surgiendo, que también afecta a nuestro barrio, ya que es uno de los Institutos adscritos que nos corresponde, no entendemos el cese del servicio que se venia prestando ni la situación de desamparo en la que van a quedar los alumnos y padres ya sean becados o no, al romper la norma fundamental de conciliación familiar y laboral.
Informar que esta tarde a las 16:30 habrá una concentración pacífica a la que os invitamos a uniros para apoyarles.

https://www.lavozdegalicia.es/noticia/coruna/2018/02/22/xunta-lava-manos-cierre-servicio-comedor-ies-elvina/0003_201802H22C5993.htm

COMUNICADO
Dende as AAVV DE:
As revoltas, Atochas Monte Alto, Bens, Breogán, Labañou, Los Rosales, Loureiro de Visma, Morás, ValleSur Los olivos, Ventorrillo, Oza Gaiteira e Novo Mesoiro tras unha publicación de prensa do mércores 14 de febreiro na que A Compañía de Tranvías tachaba de inviable incrementar as liñas cos polígonos comerciais manifestamos que:
«TRANVÍAS TACHA DE INVIABLE INCREMENTAR ÁS LIÑAS ÓS POLÍGONOS INDUSTRIAIS»
Dende as nosas asociacións de Veciños de A Coruña e arredores non entendemos a idea de «inviable», xa que vai vinculada a unha rendabilidade económica e iso é inacepable porque estamos a falar dun servizo público.
O fomento do uso do transporte público debe ser unha prioridade por parte das administracións. O transporte colectivo reduce a contaminación das cidades, desconxestiona o tráfico aforrando tempo nos desprazamentos e consume moita menos enerxía. O uso do autobús, metro lixeiro e outros medios colectivos de transporte, reporta beneficios para a cidadanía, beneficios económicos, sociais e medioambientais. Impulsar o seu uso é fundamental para conseguir unha mobilidade sostible. É necesario que se faga un plan integral de mobilidade, facendo a realización dun estudo de todas as liñas existentes en toda a mancomunidade dos concellos de A Coruña e arredores, apostando polos desprazamentos en transporte colectivo ou por outros medios non contaminantes, desprazamentos a pé ou en bicicleta, tomando medidas que eviten o incremento de coches nas cidades. Como temos repetido en moitas ocasións, os barrios e as cidades deben estar pensadas para as persoas e non para os coches. Dende parte do movemento veciñal ante o lamentable transporte público do que dispoñemos, instamos ao Concello a mellorar este servizo, aumentando as frecuencias e as liñas pois é inexplicable que haxa conexións moi deficientes con algúns puntos como os polígonos industriais e hospitais. Tamén unha vez mais vemos como o goberno municipal toma decisións sen consultar nin ter en conta a opinión da veciñanza, xerando molestias e prexuízos na cidadanía. Dende as nosas agrupacións veciñais instamos ao goberno municipal a que antes de facer modificacións como as que están a facer agora, presente un plan de mobilidade para todos os barrios, e que dito plan sexa consensuado coa veciñanza. Un plan que contemple todos os modos de desprazamento, fomentando o transporte colectivo, non só a bicicleta. O resto é poñer parches para non dar arranxado os problemas.
Moitas grazas e un saúdo
 

Medio Ambiente abrirá nos vindeiros días o prazo para solicitar as ecohortas urbanas nos barrios de Agra do Orzán, Eirís e Novo Mesoiro, “unha histórica demanda veciñal”

A Concellería de Medio Ambiente abrirá nos próximos días o proceso de adxudicación das novas ecohortas urbanas dos barrios de Agra do Orzán, Eirís e Novo Mesoiro. A construcción de hortas en terreo municipal responde a unha “histórica demanda veciñal de creación de espazos destinados a cultivos na cidade” ao mesmo tempo que “reforza o proceso de rexeneración urbana e ecolóxica da cidade e favorece a soberanía alimentaria, o desenvolvemento comunitario e o fomento do consumo responsable e de proximidade”, explica a titular de Medio Ambiente, María García. Poderán solicitar a adxudicación dun terreo as persoas maiores de idade inscritas no padrón municipal cunha antigüidade mínima de seis meses -excepto vítimas de violencia machista que cambien de domicilio, persoas emigrantes retornadas ou refuxiadas, que non precisan cumprir este requisito- e que non teñan débedas co Concello, así como centros públicos de ensino e asociacións sen ánimo de lucro que teñan carácter social, pedagóxico, terapéutico ou ambiental. As bases -nas que se reservan parcelas para personas maiores de 65 anos, perceptoras da Renda Social Municipal ou da Renda de Inclusión Social, con diversidade funcional e asociacións cun fin educativo- poderán consultarse na páxina web www.coruna.gal/medioambiente unha vez saian publicadas no Boletín Oficial da Provincia e haberá 15 días para solicitar unha parcela.

As persoas que resulten adxudicatarias terán autorización para desfrutar do uso da parcela por dous anos, concesión que poderá ser prorrogada por un ano máis, e deberán deixar o terreo preparado para unha nova adxudicataria 15 días antes de que remate o prazo de desfrute. Tras este periodo de uso, abrirase de novo o concurso de adxudicación sen que as persoas beneficiarias teñan preferencia algunha. As autorizacións de uso terán carácter gratuíto e non estarán suxeitas a taxa, porén, os gastos de conservación e mantemento de cada unha das parcelas e mesas de cultivo, así como das ferramentas necesarias, correrán a cargo da correspondente persoa ou entidade adxudicataria, que terá que cumprir tamén con otras obrigas. Así, por exemplo, o terreo deberá ser cultivado empregando técnicas da agricultura ecolóxica -polo que se poñerán tamén en marcha programas de formación vinculados á xestión de hortas, produción ecolóxica e compostaxe comunitaria-, e as persoas usuarias deberán evitar producir molestias ou danos a terceiras persoas e cumprir coas normas mínimas de convivencia e respecto ao persoal municipal e outras usuarias.

O Concello da Coruña comezou no setembro pasado a construción destas tres novas áreas hortas urbanas, que contan cun total de 217 parcelas. A súa localización e características derivan dun proceso participativo coa veciñanza, o sétimo que se abordou dentro do programa A Porta Aberta, que desenvolve a concellería dirixida por Claudia Delso. “As hortas urbanas de xestión ecolóxica son proxectos que falan do disfrute do espazo público, das políticas de proximidade e a protección do medio ambiente e a natureza”, destaca a concelleira.

A horta urbana do Ágora ten 112 parcelas e 10 mesas de cultivo e contou cun orzamento de 115.000 euros. Está situada entre centro municipal e a denominada Arqueta dos Frades, que se atopa protexida por Patrimonio. Esta horta urbana dará servizo aos barrios tanto da Agra do Orzán como de Visma, Mariñeiros e Rosales. A ecohorta de Eirís, que está na parte sur do parque, tivo un orzamento de 125.000 euros para a definición de 77 parcelas e outras 10 mesas de cultivo. Ademais do barrio de Eirís, dará servicio ás zonas de Casablanca, Castrillón e Oza. As hortas de Novo Mesoiro acumulan 29 parcelas e catro mesas de cultivo, realizadas cun orzamento de 41.000 euros. As tres zonas terán parcelas de diferentes tamaños e tipos, segundo o tipo de colectivo ou persoa usuaria. Así, os terreos máis grandes están orientados para uso das entidades e colexios que as empreguen con fins terapéuticos ou educativos, co obxectivo de contribuír a inculcar valores vinculados á agricultura tradicional e ecolóxica, mentres que os máis pequenos terán uso individual. As persoas usuarias con diversidade funcional contarán con accesos adaptados.

Os tres proxectos contan cunha serie de elementos comúns, como son un sistema de rego cómodo, cunha billa cada dúas parcelas, pilas de lavado para as verduras e ferramentas de labranza e un peche perimetral do recinto. Tamén se construíron camiños para optimizar o uso das parcelas, almacéns para gardar os equipamentos de uso comunitario e composteiros, dentro do programa municipal de compostaxe posto en marcha no pasado ano. “Tamén haberá sebes, matorreiras, parterres, árbores froiteiras e flores, xa que a nosa intención non só é facer destes uns espazos bonitos, para o ocio e o disfrute, senón tamén incrementar a súa biodiversidade, algo que é fundamental para poder desenvolver un cultivo ecolóxico”, afirma García.