DOA SANGUE
A Axencia Galega de Sangue, Órganos e Tecidos (ADOS), que integra o traballo do Centro de Transfusión de Galicia, subministra compoñentes sanguíneos as 24 horas do día a todos os hospitais de Galicia para desenvolver a actividade asistencial programada e facer fronte ás urxencias.
O sangue non se pode fabricar e todos os días é vital para axudar a enfermos que se teñen que operar, que sufriron accidentes de tráfico ou laborais, que padecen anemias, hemorraxias, cancro, leucemia, transplantes de órganos… Os hospitais precisan entre 400 e 500 doazóns cada día para que moitas persoas recuperen a saúde e, mesmo, salvar a vida.
Se tes máis de 18 anos, unha saúde normal e pesas máis de 50 quilos, podes doar sangue na unidade móbil que visita o Bo NOVO MESOIRO:
Bo NOVO MESOIRO: UNIDADE MÓBIL NA ROTONDA (FRONTE EDIFICIO APARTAMENTOS NOVO MESOIRO)
Martes, 19 de abril 10:00 a 14:30 e 16:00 a 21:00 horas
Persoal sanitario revisará a túa saúde antes da doazón e utilizará material estéril e dun só uso. Súmate ao noso equipo. Doa sangue.
Máis información:
900 100 828 (liña gratuíta de 8:00 a 15:00 horas) e 881546900
http://ados.sergas.es