Nuevo teléfono de la AVV 677 404 029

A partir de ahora ya puedes contactar con la AVV llamando al teléfono oficial de la misma, además puedes enviar un mensaje mediante tecnologías como el Whatsapp. Con este nuevo servicio al asociado, vecinos, organismos y en general a cualquier persona que quiera contactar con nosotros, la Directiva de la AVV dará por finalizado la primera fase de su proyecto “Moderniza la AVV” con la renovación integral del blog. Dentro de este proyecto se ha conseguido introducir las TIC como un elemento imprescindible dentro de la AVV, se crearon diferentes cuentas de correo para directivos @novomesoiro.com, mejora del blog con su activación mediante un mínimo de 30 artículos al mes, creación de una cuentas en Facebook y Twitter, adquisición de un teléfono móvil con acceso a internet para poder utilizar programas como el Whatsapp y la renovación total del blog objetivo que ya se esta realizando. En breve la AVV comenzará con la segunda parte de su proyecto “Moderniza la AVV”.
Ahora ya puedes tener noticias de tu barrio y comunicarte con tu AVV a través de;

A Xunta Directiva da Asociación Veciñal mantén unha reunión co BNG polo aumento do prezo da auga

O BNG está realizando unha campaña de información na cidade e está a poñerse en contacto con asociacións veciñais e de consumidores para incentivar asembleas abertas co fin de dar a coñecer en detalle por qué sube o recibo da auga. O BNG quere que as asociacións e a xente presenten alegacións a esta suba e emprenderá unha recollida de sinaturas pedindo que non sexa efectiva.
No noso barrio, en Novo Mesoiro, a concelleira do BNG María Xosé Bravo mantivo, este luns 19 de novembro, unha reunión con membros da Xunta Directiva da A.VV. onde explicou os detalles do aumento do recibo da auga.
Así, a concelleira do BNG indicou que a Lei 8/1989, de 13 de abril de taxas e prezos públicos obriga a que as taxas da auga só cubran os custos de explotación do servizo, e non máis. María Xosé Bravo informou que o PP, a través do aumento do “caudal” no recibo, que o sube do 1,5 ao 2,5, e que afecta ao 87% das e dos usuarios de EMALCSA, pretende facer efectiva unha suba media anual de 52,00 €. Indicou tamén que esta medida é arbitraria e inxusta, e afecta por igual a todo o mundo, desde a xente que máis diñeiro ten ate a quen menos recursos posúe. Ademais, os propios técnicos de EMALCSA destacan que non toda a rede da auga pode soportar o caudal que se quere cobrar (2,5), xa que a rede de canalización, en moitos casos, pola súa antigüidade pode non soportar ese caudal. Quer dicir, vaise cobrar, nalgún caso, por un servizo que non se vai a dar.
María Xosé Bravo, acompañada por membros da súa organización, explicou á Xunta Directiva que actualmente as e os coruñeses xa estamos a pagar un sobre prezo sobre o custo real do servizo, porqué o Goberno do PP lle incrementou os beneficios a EMALCSA. Deste xeito, en xuño deste ano, o goberno municipal, coa oposición do BNG, cambiou os estatutos de EMALCSA para aumentar os dividendos de ganancias. A concelleira do BNG explicou que desde esta reforma a distribución de dividendos ao concello non está suxeito a un límite máximo do 10%. Así, no ano 2010 só se destinou a dividendos o 1% do beneficio; E, nos orzamentos municipais para o 2011, prevíase como ingreso por dividendos de EMALCSA un total de 637.000 euros, isto é, o 10% dos beneficios líquidos do ano anterior. Coa reserva legal xa dotada, o PP destinará a totalidade do beneficio líquido a incrementar os orzamentos municipais. Así, nos orzamentos actuais, 2012, a partida de ingresos é de 1.334.655,07 € (o duplo que no 2011). En consecuencia, cos beneficios obtidos da explotación dun servizo municipal básico, pagamento feito pola cidadanía da Coruña e polos concellos clientes, o Concello obtén un financiamento patrimonial extraordinario. Coa suba do caudal e a conseguinte suba do recibo a contía vai medrar exponencialmente no 2013, tal e como se comprobará nos orzamentos dese ano.
María Xosé Bravo, por último, preguntouse para que quere este diñeiro o PP. O Concello constituíu en xuño de 2009 a FUNDACIÓN EMALCSA S.A., creada, inicialmente, como organismo social para complementar as demandas da cidadanía en temas fundamentalmente sociais. O PP aprobou os estatutos desta fundación en xullo de 2011, comprometendo a EMALCSA a achegar 3 millóns de euros á súa fundación. O PP introduciu estes cambios para externalizar servizos, que escapan ao control da oposición. Como complemento da externalización do servizo público da auga, a fundación comezou as súas operacións en marzo de 2012 e, na actualidade, executa contratacións como a de Smart City (para a que se empregarán 11 millóns de euros, de fondos europeos) ou Coruña Futura (con 900.000 euros de fondos municipais), iniciativas externalizadas que escapan ao control público da Corporación Municipal.
O BNG sinala que cos estatutos aprobados polo PP, as actividades e accións de EMALCSA escapan de todo control municipal, constituíndo, así, un goberno municipal paralelo á sombra, completamente opaco. E o aumento no recibo da auga sirve para dar beneficios a estas empresas privadas.
Deste xeito o BNG pide a colaboración do tecido asociativo para impedir a suba do recibo da auga e que ás e os cidadáns presenten alegacións, para non financiar a empresas privadas. O modelo tipo de alegación, vai achegado nun documento en pdf., no que se pode cubrir cos datos da persoa que presenta e para logo poder imprimir. A alegación, cuberta e imprimida, pode ser deixada nas cervexarías “Garota” e “Mesoiro”. Nestas cervexaría tamén hai modelos tipo de alegación en branco para quen queira cubrir a man.
modelo_reclamacion_auga_pdf