As presentes normas regulan o uso do blog www.novomesoiro.gal, do que son co-titulares un grupo da veciñanza do barrio de Novo Mesoiro, en colaboración coa súa Asociación Veciñal, con enderezo no despacho número 6 do Centro Cívico de Novo Mesoiro na rúa Ancares 15, 15190, A Coruña. O acceso ao blog atribúe a condición de persoa usuaria e supón a aceptación das presentes normas e de calqueraoutra obriga que se derive da normativa que resulte aplicábel. O acceso ao blog ten carácter gratuíto e non se exixe susbcrición ou rexistro previo por parte das persoas usuarias para ler, aínda que as persoas administradoras se reservan o dereito de requirir autentificación por medio dunha conta de usuario, tamén gratuíta, para o acceso de escritura.
A persoa usuaria obrígase expresamente a facer uso do blog dunha forma dilixente e correcta e a non empregar o blog para a realización de actividades contrarias á lei, á moral, aos bos costumes ou á orde pública establecida e con fins ou con efectos ilícitos, prohibidos ou lesivos de dereitos e intereses de calquera persoa física ou xurídica, marca ou nombre comercial. De acordo co anterior, as persoas usuarias que fagan comentarios no blog deben rexistrarse e seguir unhas normas básicas; do contrario, as mensaxes serán eliminadas. En particular, a persoa usuaria deberá absterse de:
- Repetir ou enviar de forma masiva comentarios de forma que se dificulte a participación no blog do resto das persoas usuarias.
- Enviar mensaxes que non se ciñan ao blog proposto.
- Incluir números de teléfono ou enderezos persoais.
- Anunciar ou poñer á venda calquera ben ou servicio, promover enquisas, concursos ou cadenas de cartas.
- Distribuír contidos de forma ilícita.
- Difundir informacións ou materiales difamatorios, obscenos, indecentes ou ilícitos ou que infrinxan as normas ou as regras de boa conduta.
- Difamar, inxuriar, hostigar, acosar, ameazar ou asumir calquera tipo de conducta que vulnere os dereitos de outros ou terceiros.
- Violar a dignidade da persoa e discriminar por motivos de raza, sexo, relixión, opinión, nacionalidade, discapacidade o calquera outra circunstancia persoal ou social.
- Rexistrar máis dunha conta de usuario diferente, tratándose da mesma persona.
Queda así mesmo prohibido que os contidos difundidos, a través del blog:
- Atenten contra a protección da infancia, a xuventude e a muller.
- Invadan ou lesionen a intimidade de terceiros.
- Supoñan ou podan supoñer, dalgún modo, un risco para a saúde ou a integridade física ou psíquica das persoas usuarias.
- Vulneren dereitos de propiedade industrial ou intelectual de terceiros.
- Sexan falsos, ambiguos, inexactos e/ou extemporáneos, de xeito que podan inducir a erro sobre o seu obxecto ou sobre as intencións ou propósitos da persoa usuaria, e en xeral supoñan bulos, «fake news» ou calquera outro tipo de información negacionista.
- Induzan, inciten ou promovan calquera tipo de (i) actuacións delitivas, denigratorias, difamatorias, infamantes e/ou violentas, (ii) actuacións, actitudes e/ou ideas discriminatorias por razón de sexo, raza, relixión, crenzas, idade ou condición, (iii) actuaciónss que desenvolvan un estado inaceptable de ansiedade ou temor; incorporen mensaxes delitivos, violentos, pornográficos, degradantes, e/ou dalgún modo, sexan contrarios á moral, aos bos costumes comunmente aceptados ou á orde pública establecida.
Os comentarios non deberán exceder dos 500 carácteres de extensión e deberán ir firmados co nick do autor. Así mesmo, as persoas administradoras, a Asociación Veciñal de Novo Mesoiro e o resto de persoas colaboradoras do blog resérvanse o dereitoo de suprimir, por calquera razón e sen previo aviso, calquera comentario ou a opción de incluír comentarios nos blogs.
Nin as persoas administradoras, nin a Asociación Veciñal de Novo Mesoiro teñen a obriga de controlar o emprego que as persoas usuarias fan do blog e, conseguintemente, non se pode garantir que as persoas usuarias empreguen o mesmo de conformidade co establecido nas presentes Condicións nin que fagan un uso dilixente e/ou prudente do mesmo. Asemade, a Asociación Veciñal de Novo Mesoiro tampoco ten a obriga de verificar e non verifica, coa excepción de que se empregara ou non un email válido durante o proceso de rexistro ou publicación, a identidade das persoas usuarias, nin a veracidade, vixencia, exhaustividade e/ou autenticidade dos datos que as persoas usuarias, no seu caso, proporcionen sobre sí mesmos.
A utilización do blog así como a difusión e almacenaxe dos contidos polas persoas usuarias serán da exclusiva responsabilidade da persona que os tiver xerado. A persoa usuaria, polo tanto, sera a única responsábel do uso do blog así como de todos os contidos que almacene, poña a disposición ou difunda a través do mesmo.
A Asociación Veciñal de Novo Mesoiro resérvase a facultade de cancelar, suspender, bloquear ou eliminar determinado tipo de contidos mediante a utilización de instrumentos tecnolóxicos aptos ao efecto, se tiviese coñecemiento efectivo de que a actividade ou a información almacenada e/ou difundida es ilícita ou de que lesiona bens ou dereitos dun terceiro, xa sexa persoa física o xurídica, marca ou nome comercial.