O informe de xestión xa está a disposición da veciñanza do barrio

Neste sábado, a Xunta Directiva da Asociación Veciñal vén de colgar na nube o informe de xestión que será levado a aprobación na Asemblea Xeral Ordinaria que se celebrará este vindeiro xoves 14 de outubro.

Deste xeito, e despois de dous anos de mandato, este informe recolle as prinicipais actuacións realizadas polo equipo de persoas que desenvolveu as tarefas de dirección da nosa Asociación.

No informe, que destaca a situación condicionada provocada pola Covid-19 desde marzo de 2020, e que minguou a capacidade de realización de actividades, resalta, porén, que o traballo non cesou e que, malia ese condicionante, foron quen de levar ao cabo as tarefas propias derivadas das súas responsabilidades e de chegar a poñer en funcionamento proxectos de seu, sinerxias con outras entidades e a manter vivas as demandas e reivindicacións do barrio, sempre priorizando as carencias e deficiencias que existen.

O informe, que se pode descargar premendo enriba, tamén inclúe un resumo das novas que no seu día foron recollidas polos medios de comunicación a respecto das intervencións públicas que se realizaron, tales como as denuncias das carreiras ilegais na nosa contorna do Polígono de Vío, a situación provocadas polas carencias continuadas de servizos e persoal no Centro de Saúde ou o as eivas derivadas da precipitada inauguración do Ceip de Novo Mesoiro, amais da reportaxe que no seu día se publicou cando o barrio cumpriu os 18 anos de vida.

Por último, o propio informe agradece a todas as persoas que, alén da Xunta Directiva, colaboraron no traballo desenvolvido pola Asociación, que, en moitos casos, non poderían terse realizado.