Visita da Alcaldes Inés Rey ó barrio

A Alcaldes Inés Rey e Fran Díaz, concelleiro de Urbanismo, Vivenda, Infraestructuras e Movilidade, viñeron ó barrio a sentarse coa AAVV de Novo Mesoiro e poidemos tratar todos os temas pendentes, entre outros:

– Biblioteca

– Buses e análisis de reforzos

– Deficiencias do Corredor

– Deficiencias na pista de patinaxe

– Deficiencias aparcadoiro (explanada Ribeira Sacra)

– Ubicación papeleiras reciclaxe e anclaxe

– Estado das aceras

– Deficiencias no mantemento de xardíns

– Deficiencias no campo de fútbol 

– Solicitude de maior programación sociocultural 

– Estado de bicicoruña 

– Análisis das obras e melloras realizadas no barrio

– Acceso da Avenida ó campo de fútbol/pista patinaxe

– Próxima construcción do edificio de vivendas no barrio

E un largo etc de cuestións pendentes no barrio, que é imposible escribir nunha soa publicación.

Comprometéronse a darnos resposta nas próximas semanas sobre ás numerosas cuestións plantexadas, e todo o que nos comuniquen como sempre, trasladarémolo.

É moi importante que os representantes municipais se acostumen a visitar os barrios, e así coñecer de primeira man os problemas.

Bus provisional para alumnos IES Sardiñeira

O 25 de Xaneiro representantes do AMPA do IES Sardiñeira e as representantes da Asociación de veciños de Novo Mesoiro acompañados por Antonio Deus Álvarez, concelleiro do PP do Concello de A Coruña, reunímonos co Delegado de Goberno Gonzalo Trenor para abordar a situación dos alumnos residentes en Novo Mesoiro que acuden o IES Sardiñeira.


Tras estudiar a situación dos 25 alumnos, a Xunta de Galicia de maneira excepcional proveerá dun servicio de bus que comezará o próximo mes de febreiro e se manterá ata finais do curso.


Actualmente hai unha loita para que o IES Sardiñeira sea un centro adscrito ó barrio para asegurar un transporte gratuito e directo dende o barrio ós actuais e futuros alumnos que soliciten ir a ese instituto.