TEMOS BOAS NOVAS

Dende o Concello nos trasladan:

No contexto da celebración das Festas de María Pita, o servizo municipal de Mobilidade ten previsto un dispositivo especial para reforzar o transporte público pola cidade.
Neste sentido, e con vistas ás Noites de María Pita, disporanse cinco liñas de autobús (1; 1-A; 3; 6; e 21) para cubrir os percorridos de volta aos barrios, partindo desde Porta Real. Ademais, e en paralelo, o servizo de BiciCoruña, renovado a mediados de xullo, ampliará o seu horario de uso ata a unha da mañá.

CAMPAMENTO DE VERÁN LOW COSTE SEROCIO

Deixámosvos aquí toda a información sobre o Campamento de Verán Low Cost de Serocio.

Esta é a ligazón para que poidades inscribirvos.

https://serocio.com/reserva-plaza-campamento-low-cost-verano22-serocio/

Lembrarvos que os campamentos xestionados pola asociación están abertos para tod@s @s  niñ@ s residentes no barrio e arredores aínda que non estean matriculados no CEIP  Novo Mesoiro.
E tedes desconto se sodes socios da  AVV de  Novo Mesoiro.

Para calquera dúbida tedes os emails:
campamentos.serocio@gmail.com ou anpaceipnovomesoiro@gmail.com