Hoy al mediodía un pequeño incendio en el barrio
Una vecina nos informa de que hoy sobre las 13:30 cerca del campo de futbol hubo un pequeño incendio, se desconocen las causas y gracias a que todo quedo en un pequeño susto…
Una vecina nos informa de que hoy sobre las 13:30 cerca del campo de futbol hubo un pequeño incendio, se desconocen las causas y gracias a que todo quedo en un pequeño susto…
Hoy cortaron el césped en el barrio y «así lo dejaron»
El BNG demanda la contratación de un facultativo y el PP alega que es innecesario aunque llevemos meses sin poder anotar a los nuevos nacimientos en el Centro de Salud y se desvíen a otros barrios, click en el logo del diario para leer la noticia completa:
Seguimos coa campaña de recollida de asinaturas para a solicitude dunha quenda de tarde para o noso centro de saude.
Quen queira pode asinar fisicamente nos locais do barrio ou pedir a folla de asinatura por email a o correo avv@novomesoiro.com, tamén abrimos a campaña a firmar pola rede através da web Change.org, entrando neste enlace podedes asinar.
Recordade que canto máis xente apoie este tema máis forza teremos para que a Xunta tome en consideración as nosas reclamacións.
«Dende a AVV de Novo Mesoiro levamos moitos anos solicitando a dirección do SERGAS, e no seu caso a dirección da Xunta de Galicia – Consellería de Sanidade e Servicio Galego de Saúde, a creación dunha quenda completa de tarde no Centro de Saúde de Novo Mesoiro, centro que acolle a todos @s veciñ@s de Novo Mesoiro, Feáns, Mesoiro, Urbanización Breogán, POCOMACO e as Rañas.
Como ven saben, a tanto a dirección do SERGAS como da Xunta de Galicia, vivimos nuns barrios afastados do resto da cidade, onde calquera desprazamento a outro centro de saúde supón a necesidade de movernos no coche, ou de empregar a rede pública de transporte utilizando transbordo cando menos de 2 autobuses, xa que non temos posibilidade de acudir a outro centro de Saúde a pé, supoñendo un agravio fronte outr@s veciñ@s da cidade.
A falta dunha quenda pola tarde supón que moit@s veciñ@s decidan non trasladar a súa tarxeta ao centro de saúde do barrio por incompatibilidade horaria, e se a isto se lle suma que non hai unha matrona e so un pediatra, cunhas listas de espera as veces de máis de 7 días fai que os datos que manexa o SERGAS en solicitudes non sexan reais, e que a demanda sexa moito maior da que existe, polo que a excusa de falta de solicitudes que din non se acorda coa realidade, a parte é o único centro de saúde da cidade que so ten unha quenda de traballo.
Se a isto sumamos que somos o barrio con mais nenos en idade escolar con mais de 1800 e cunha media de idade total que non sube dos 33 anos, NON PODEMOS ACEPTAR que so exista unha quenda no noso centro de saúde, con 2 médic@s ( que acostuman a cambiar a cotío), 3 enfermeiras ( 1 de pediatría) e 1 pediatra, para máis de 8000 posibles usuarios.
Por iso os abaixo asinantes solicitamos a XUNTA de GALICIA, e no seu caso, a CONSELLERÍA DE SANIDADE que:
A creación doutra quenda de tarde para o Centro de SAUDE de NOVO MESOIRO cun equipo de medic@s, enfermeir@s, matronas e pediatr@ para atender @s veciñ@s do barrio»
La mayoría de los alumnos del colegio público Salgado Torres viven en Novo Mesoiro
La semana pasada publicábamos el grave problema que tenemos en el barrio con que no tenemos pediatra para nuevos nacimientos en el barrio, solo teniendo un pediatra disponible en el barrio y con el cupo cerrado, y ahora La Opinión publica esta noticia: «Novo Mesoiro, único distrito coruñés donde la población infantil crece más que la de mayores» (CLICK EN EL LOGO DEL DIARIO PARA ACCEDER A LA NOTICIA)
Desde el BNG nos mandan la siguiente información respecto al problea que sufrimos de no disponer de pediatra para nuevos nacimientos en el barrio:
Dende a directiva da AVV de Novo Mesoiro queremos denunciar que o barrio de novo mesoiro ten un recorte máis nun servizo público tan básico como é a asistencia en pediatría para os novos nacementos do barrio.
Desde o pasado mes de decembro, no centro de saúde do noso barrio non aceptan máis altas novas en pediatría. Isto supón que se tes o teu primeiro rapaz/a terías que buscarte outro centro de saúde na cidade que cho poida coller, coa única excepción que manteñen para aceptar mais nen@s e se tes un/unha fill@ maior con alta no centro de saúde, xa que teñen a obrigación de aceptar o nov@ irmá/an no mesmo centro.
O Centro de Saúde de Novo Mesoiro ten como área de influencia os barrios de Novo Mesoiro, Feáns, Mesoiro, e a Urbanización Breogán, o que supón mais de 12000 persoas, con máis de 1800 nen@s empadroados. Para toda esta xente só temos 2 médicos de familia, 1 Pediatra e 3 enfermeiras (unha de pediatría) , e non hai matrona ( e iso que somos o barrio con máis nacementos de toda a provincia e Galicia), e todo so na quenda de maña . Isto provoca que moita xente destas zonas afectadas, teñan que apuntarse noutros centros de saúde para que poida compatibilizar co seu traballo as posibles asistencias aos médic@s. Se a isto sumámoslle que non se pode apuntar a mais nen@s en pediatría, e que por riba a solución que te dan e que te busques ti o centro de saúde, vemos claramente un recorte social neste servizo público básico por parte da Xunta de Galicia.
Esta situación parécenos bochornosa, somos o barrio que máis nacementos temos (mentres a natalidade baixa en toda Galicia en Novo Mesoiro crece) , que mais nen@s en idade escolar hai de toda a cidade, un barrio en crecemento de poboación, e somos os que menos servizos públicos nos asinan dende as distintas administracións (recordamos tamén que non temos servizo público de transporte directo a outro centro de saúde ,ao CHUAC, ou a centros con especialistas médicos, debendo facer varios transbordos para chegar a eles).
Dende a AVV de Novo Mesoiro levamos moitos anos demandando a Consellería de Sanidade que se aumente servizos do Centro de Saúde por qué non chegan para a demanda que temos e provoca que moita xente do barrio teña como centro de saude outro da cidade. Un centro de saúde que é totalmente novo, cunha planta enteira baleira, sen ningún uso, e con espazo para poder dar moitos máis servizos @s veciñ@s.
Por isto dende a AVV pedimos publicamente o apoio de todas as forzas políticas da cidade que nos representan no concello, pedíndolles o seu compromiso de defender publicamente esta demanda básica para o noso barrio.
Tamén pedidos unha reunión urxente cos representantes da Consellería de Sanidade para que expliquen @s veciñ@s cales son as causas de estas carencias e cales van a ser as solucións que propoñen.
A noticia correu pola rede e xa temos o comunicado de prensa do concello e o que está a sair hoxe nos medios
DENUNCIA
A directiva da AVV de Novo Mesoiro queremos denunciar que:
Na distribución dos colexios públicos para as novas solicitudes de escolarización dos nen@s do noso barrio deste ano, só nos corresponde o Manuel Murguía como ÚNICO COLEXIO PÚBLICO, dentro da zona de influencia marcada pola Xunta e o Concello. Colexio con só 25 prazas por curso.
Parece ser que estos técnicos da Xunta de Galicia e do Concello non entenden que somos o barrio con máis nacementos de toda A Coruña e aréa metropolitana, que somos o barrio con máis nen@s en idade para escolarizar, e que somos o barrio con mais demanda de prazas nos colexios.
Tamén, parece ser, que están a facendo caso omiso da campaña que dende o ANPA do Salgado Torres están a levar para introducir o colexio dentro do área de influencia e poder ter un BUS ( algo básico e normal ), colexio, por certo, que ten moitos nen@s do noso barrio. E non só fan caso omiso senón que por riba quitaronno da area limtítrofe, pasando o Alborada como limítrofe e non de influencia.
QUERENNOS VACILAR OU QUE!
Dende a directiva da AVV queremos recalcar que tenemos, como barrio, e cidadáns, o dereito a cubrir unha NECESIDADE BÁSICA como é a educación pública, a de ter un COLEXIO PÚBLICO con prazas e instalacións adecuadas a demanda do barrio, e non a de ter que acudir a centros concertados para escolarizar @s nos@s nen @s; onde se cobra pola ensinanza pública, por que se cobra, de forma indirecta e con coñecemento da Xunta, ben sexa con donativos, con pago de actividades, aportacións voluntarias etc e sempre cun caracter casi obrigatorio.
Como barrio temos solicitado a creación dun Centro Publico de Integrado, algo que urxe construir o antes posible, e parece ser que as argucias legais da Xunta está a paralizar isto, e que a demora pode levar que o Colexio non se empece a construir este ano. Temos solicitado varias xuntanzas por rexistro con representantes da Xunta de Galicia e polo de agora non temos constestación.
Por iso solicitamos públicamente:
A) Unha reunión entre o Concello, A Xunta de Galicia ( representantes de Educación) e a AVV e representantes das nais/pais do barrio para: